jueves, 15 de diciembre de 2016

Unhas simples fotos


Unhas simples fotos pódennos dar moita información, imaxes da sonda 'New Horizons' suxiren que o planeta alberga tanta auga salgada como a Terra.

O 15 de xullo de 2015 a sonda New Horizons fixo historia ao sobrevoar Plutón máis preto que nunca. As súas imaxes mostraron por primeira a superficie deste planeta anano nos arredores do Sistema Solar, cuberta de volcáns de xeo e cunha gran rexión con forma de corazón. Agora, dous estudos analizaron o lóbulo esquerdo desa zona e apuntan a que baixo ela hai un gran océano de auga líquida.

Fai miles de millóns de anos Plutón chocou contra un cometa duns 200 quilómetros, 20 veces maior que o asteroide que acabou cos dinosauros. O impacto formou un enorme cráter que se foi enchendo de xeo. A súa acumulación, sumada para o efecto gravitatorio de Caronte, a maior lúa de Plutón, acabou desprazando todo o planeta sobre o seu eixo de rotación.

A depresión creada pola colisión, coñecida como Sputnik Planitia, estaba a uns 1.200 quilómetros da súa situación actual?, explica James Keane, astrónomo da Universidade de Arizona e coautor dun estudo publicado hoxe en Natureque detalla este fenómeno. A conca foise enchendo de xeo de nitróxeno, metano e dióxido de carbono durante millóns de anos ata que acabou reorientando a Plutón respecto da súa lúa.


Se queres saber mais da noticia pincha aqui para acceder a un enlace da noticia




No hay comentarios:

Publicar un comentario